
Master in
Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridad y Tecnología Alimentarias Universidade Santiago de Compostela

Introducción
O título de Máster en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias pola Universidade de Santiago de Compostela é un título oficial, cunha duración de 90 créditos, correspondente á area de Ciencias, que ofrece ao alumnado unha formación de calidade de carácter especializada en Nutrición, Tecnoloxía e Seguridade Alimentarias que permita dar resposta social ás esixencias da Unión Europea en relación coa mellora nutricional e protección da saúde dos consumidores e a seguridade dos alimentos.
Os profesores implicados na iniciativa do máster, pertencentes a distintas áreas de coñecemento, achegan unha ampla formación sobre os distintos aspectos relacionados cos alimentos, a nutrición e a cadea alimentaria, o que permitirá unha formación multidisciplinar, dirixida a promover a especialización, a súa incorporación a empresas do sector alimentario, así como a calquera estrutura oficial de control das administracións públicas e das distintas organizacións que interveñen na cadea alimentaria. Ademais do profesorado propio da USC, participan no máster profesionais do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e da Sociedade Galega de Endocrinoloxía, Nutrición e Metabolismo.
Este Máster pretende formar titulados con orientación científica e unha excelente preparación académica, capacitados para seren docentes e investigadores de alta calidade no marco da Nutrición, a Tecnoloxía e a Seguridade Alimentaria no seu sentido máis amplo, e que poidan continuar cos seus estudos de doutoramento, desenvolver a súa propia industria ou colaborar na innovación e desenvolvemento en ámbitos relacionados cos alimentos e/ou as empresas alimentarias.
Por outra banda, a Titulación trata de acercar os alumnos ao mundo laboral mediante a realización de prácticas preprofesionais en empresas agroalimentarias. Neste sentido, a implicación do tecido empresarial é moi importante, xa que se conta coa colaboración de numerosas empresas do sector, así como de todas aquelas asociadas ao Clúster Alimentario de Galicia.
O nivel formativo acadado no Máster, poderá servir así mesmo, de base para iniciar os estudos conducentes ao título de doutor, que é o xerme das novas xeracións de investigadores en organismos públicos e privados de investigación, departamentos de I+D+i en empresas, laboratorios, centros oficiais de control e, de ser o caso, dos futuros profesores universitarios no campo da Nutrición, Bromatoloxía, Tecnoloxía e Hixiene dos alimentos.
Objetivos
Aqueles alumnos que, ademais, demostren unha comprensión sistemática e dominio das metodoloxías de investigación relevantes na Tecnoloxía e Seguridade dos alimentos de última xeración, que demostren capacidade de idear, deseñar e poñer en práctica unha investigación orixinal de calidade que contribúa ao desenvolvemento do coñecemento neste campo, poderán alcanzar o título de doutor.
Objetivos y competencias del programa
Competencias básicas
- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as substentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
Galería
Oportunidades profesionales
Salidas profesionales
Os profesores implicados na iniciativa do máster, pertencentes a distintas áreas de coñecemento, achegan unha ampla formación sobre os distintos aspectos relacionados cos alimentos, a nutrición e a cadea alimentaria, o que permitirá unha formación multidisciplinar, dirixida a promover a especialización, a súa incorporación a empresas do sector alimentario, así como a calquera estrutura oficial de control das administracións públicas e das distintas organizacións que interveñen na cadea alimentaria.
Preténdese formar titulados con orientación científica e unha excelente preparación académica, capacitados para seren docentes e investigadores de alta calidade no marco da Nutrición, a Tecnoloxía e a Seguridade Alimentaria no seu sentido máis amplo, e que poidan continuar cos seus estudos de doutoramento, desenvolver a súa propia industria ou colaboraren na innovación e desenvolvemento en ámbitos relacionados cos alimentos e/ou as empresas alimentarias.
O nivel formativo alcanzado no Máster, poderá servir así mesmo de base para iniciar os estudos conducentes ao Título de doutor. O título de doutor é o xerme das novas xeracións de investigadores en organismos públicos e privados de investigación, departamentos de I D I en empresas, laboratorios, centros oficiais de control e, de ser o caso, dos futuros profesores universitarios no campo da Nutrición, Bromatoloxía e Tecnoloxía e Hixiene dos alimentos.